Este domingo, a partir das 5 da tarde, os veciños e veciñas de Borneiro celebran o Castro Animado en A Cidá. Haberá artesanía, animación teatral e gastronomía. E tampouco faltará a música tradicional, unha gala de circo e un concerto final a cargo de Os Modernos.