![]()
O venres 9 de febreiro ás 19.00 horas, o Museo do Mar de Laxe acolle unha cata e degustación do produto alimenticio mais importante da apicultura galega, a mel.
Para falarnos sobre este asunto, contaremos coa dirección de Beatriz Ríos Cebreiros, responsable do Consello Regulador, amparado polo Identificacción Xeográfica Protexica, “Mel de Galicia”.
O mel preséntase ó consumidor en estado líquido ou sólido (cristalizado ou cremoso), conservando tódalas súas propiedades naturais, pero é resultado dun meticuloso proceso de decantación ou centrifugación. De todo iso e moito mais falaranos esta experta na materia.
A actividade é de balde para o público, e está orientada a tódalas persoas interesadas en coñecer máis sobre as orixes botánicas deste produto tan íntimamente ligado ó noso territorio.
A cata-degustación forma parte do proxecto de desestacionalización do turismo reLAXEse 2018, organizado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña.