Evento
Cata de viños espumosos en laxe
22/mar./2019
19:00 h
Museo do Mar

09:23 22/03/19
Luis Paadín estará o venres 22 de marzo no Museo do Mar de Laxe ó frente da penúltima sesión de catas do programa de actividades reLAXEse 2019. A sesión comezará ás 7 da tarde.
O experto en viticultura e enoloxía, fará un percorrido pola historia dos viños espumosos, dende aqueles que elaboraban os romanos ata os actuais espumosos de Galicia.
Durante a presentación expoñerá os distintos métodos de elaboración, conservación e axeitado servizo. A continuación cataranse tres variedades de Espumosos de Calidade Producidos en Rexión Determinada (VCPRD):
- Rexión D.O. CAVA: Vilarnau Brut Reserva50% Macabeo, 35% Parellada, 15% Xarel·o de Bodegas Vilarnau (Sant Sadurní d'Anoia - Barcelona)
- Rexión Galicia D.O. Rías Baixas: Feitizo Brut100% Albariño de Bodegas Pablo Padín (Meñao – Pontevedra)
- Rexión A.O.C. Champagne: Remi Henry Traditión Brut Gran Cru70% Pinot Noir e 30% Chardonnay do Vigneron Remi Henry (Bouzy – Épernay)
Esta actividade está aberta a calquera persoa maior de idade que queira aprender sobre viños. Non se require inscrición previa. As prazas son limitadas, ata completar aforo.