Evento
Catas de viño en Laxe

E non para o programa de catas deste “Inverno Gastronómico e Enolóxico”. O venres 8 de marzo ás 7 da tarde será o turno para a Denominación de Orixe Rioja. Dirixirá a actividade Sergio Santorium, delegado norte de Bodegas Fernández de Piérola
O sábado día 9, ás 12.00, tocaralle á Denominación de Orixe Ribeira Sacra, representada neste caso por Belarmino Compañía de Viños. Guiará a cata o seu xerente Mateo Seoane.
As catas permiten descubrir os viños desde tres percepcións sensoriais, a vista, o olfato e o gusto. E a súa finalidade é aportar coñecementos dirixidos especificamente ás persoas interesadas na cultura do chateo.
As catas están abertas a calquera persoa maior de idade que queira aprender sobre viños. Non se require inscrición previa. As prazas son limitadas, ata completar aforo.