Venres. 19.04.2024
El tiempo

Laxe renova o programa de desestacionalización "reLáxese" para armar un 2019 cheo de actividades

Laxe renova o programa de desestacionalización "reLáxese" para armar un 2019 cheo de actividades
cartel relaxese 2019 - LR Non pode perderse o gran traballo feito nestes dous anos no marco do programa reLáxese. Un programa artellado pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, que fomenta a desestacionacionalización do turismo, é dicir, para encher Laxe tamén nos meses de inverno, primavera e outono. Este ano, con todo o aprendido, fan a formulación do plan en clave de innovación, tendo varias liñas argumentais fundamentais:
  • Formación e dinamización, concienciando á poboación local da importante de mellorar o servizo turístico, e na posta en valor do patrimonio;
  • Estratexias de promoción: aproveitando a marca “Turismo Laxe”, traballan nas especialización do destino turístico en base á gastronomía, ao ocio, á cultura, ao patrimonio natural… sempre fomentando a calidade turística.
  • Estratexias de comercialización: Impulsando a comercialización do destino que aseguran o retorno da inversión, e asistindo a feiras sectoriais.

Puntos fortes

En canto a puntos espefícos de interese do ano, a Concellería dirixida polo BNG aposta polo S an Xoán, as Xornadas Temáticas do Samaín, as experiencias gastronómicas, e o deporte ó aire libre (ioga, vela, paddle surf, sendeirismo, zumba, etc.); pola Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, en colaboración con Vimianzo; a festa do “Naufraxio de Laxe”, e a presenza en feiras que axuden a dala a coñecer. Falando de gastronomía, Laxe vai seguir usando a marca "Con X de Laxe con X de peixe", e de feito en febreiro xa preparar dous showcookings con Caco Agrasar (abadeXo) e Iván Domínguez (Xarda). Así, se no ano 2018 programamos case 90 actividades, este non serán menos. Haberá tempo para as degustacións, catas, conferencias, excursións, rutas de sendeirismo, campionatos…

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-valores-unicos-de-laxe/ https://quepasanacosta.gal/laxe-pon-en-valor-a-sua-cultura-culinaria-coas-xornadas-con-x-de-peixe/

Comentarios