Sábado. 18.05.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Caxoto contacontos en Ponteceso

19/set./2019
18:00 h
Biblioteca
Caxoto en Ponteceso copia
Caxoto contacontos en Ponteceso

A Biblioteca Municipal de Ponteceso volve abrir as súas portas a unha nova e divertidísima actividade do programa Ler Conta Moito, dirixida aos peques da casa e ás súas familias. Nesta ocasión, recibirá a visita de Caxoto Contacontos (Felipe Díaz), de A Trastenda dos Contos, e o seu espectáculo de teatro infantil musicado “Conto para escoitar mentres bailamos un valse”, no que o artista fará gala da súa ampla destreza no manexo dos instrumentos musicais máis insólitos para presentarnos a un dos grandes directores de orquestra do mundo e a marabillosa historia de Sabela, unha das súas integrantes.

 

O exotismo do birimbao, a forza da pandeireta, a fascinación da frauta de nariz, a espiritualidade da gaita e moitos instrumentos máis daranse cita este xoves 19, a partir das 18:00 horas. Sen dúbida, será unha ocasión única para que os máis cativos/as descubran, de balde, a esencia mesma da música tradicional. 

Comentarios