Venres. 26.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Chola a It Girl, espectáculo transmedia en Muros

23/nov./2019
21:30 h
Auditorio do centro cultural e xuvenil de Muros
chola a ir girl muros
Chola a It Girl, espectáculo transmedia en Muros

Como parte da campaña “Muros en Negro”, chega ao auditorio do centro cultural e xuvenil de Muros o espectáculo “Chola a it girl”, da compañía ArtesaCía, o sábado 23 de novembro, ás 21:30 horas, incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC, ca fin de axudarnos a reflexionar sobre o respecto e a non violencia, e sobre todo contribuír a pasar unha boa velada.

Como parte da campaña “Muros en Negro”, chega ao auditorio do centro cultural e xuvenil de Muros o espectáculo “Chola a it girl”, da compañía ArtesaCía, o sábado 23 de novembro, ás 21:30 horas, incluído na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC, ca fin de axudarnos a reflexionar sobre o respecto e a non violencia, e sobre todo contribuír a pasar unha boa velada.

Este espectáculo forma parte dun proxecto cultural chamado “Chola & Lola”. Así, Chola é unha personaxe creada pola compañía ArtesaCía co obxectivo de levar a escena unha figura feminina con identidade ao servizo da historia, e non de protagonismo masculino. Este proxecto cultural quere transmitir que o rural e o auténtico tamén pode ser tendencia, xunto con recuperar o vello termo de it girl ("ter iso"). Esta idea orixinal de ArtesaCía é unha homenaxe a todas esas mulleres glocais. Esa estirpe de muller decisiva que está un paso por diante da sociedade rural na que vive, polo seu inconformismo, talento, forza .... e pola súa procura incansábel de posibilidades para cultivarse e aprender.

Nesta espectáculo, Chola, debido á repercusión mediática que tén a súa canle de youtube, é contratada por un teatro para realizar o seu primeiro titorial en directo, no que revela en 10 sinxelos pasos como converterse nunha verdadeira It girl rectificada: o rural e o auténtico tamén poden ser tendencia. Pero unha inesperada chamada telefónica durante o espectáculo desencadea un conflito para Chola, no que terá que confesar a súa faceta tanatoestética máis oculta, evidenciando a súa imperfección e humanidade, adxectivos nos que radica o seu éxito.

É un proxecto transmedia, xa que a historia se desprega a través de múltiples medios e ferramentas narrativas, nun monólogo ao máis puro show escénico youtuber, cheo de humor, enxeño e intelixencia na que se amosa unha muller adiantada respecto ao tempo e a sociedade rural na que vive. Presumindo da súa realidade imperfecta, que non encaixa dentro do que debería tér éxito virtual.

As entradas para esta comedia xa poden ser reservadas ou mercadas nas oficinas do centro cultural de Muros a un prezo de 3,50 euros. A función está incluída na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Comentarios