domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Cine en Muros

11/nov./2017 a 11/nov./2017
9:30 h a 6:00 h
Cine en Muros
Encallados conta a historia sobre uns mozos que queren facer unha película sobre o afundimento do “Prestige”. É unha comedia sobre o cine dende dentro do cine, chea de autocrítica constructiva, honestidade, humor e melancolía. É unha realización do cineasta santiagués Alfonso Zarauza que foi premiada nos Mestre Mateo. Rodada en Santiago, Encallados recrea as vivencias dun grupo de amigos empeñados en levar a cabo unha película co naufraxio do “Prestige” como fondo argumental. Debido aos problemas financeiros que afrontar as producións, un director de cine tén que reinventar en quince días o guión dun filme. A gracia está en como o argumento guía ao espectador pola película a medida que observa como se vai construíndo. As peripecias dos protagonistas encarnados discorre polas vellas rúas de Compostela, cunha historia que tén de fondo a catástrofe do “Prestige”. Di o director e guionista desta cinta que lle sorprende o pouco que deu de si na ficción unha catástrofe desta dimensión. Debido ao tema que trata, o equipo de goberno de Muros quixo contar con esta longametraxe na programación do centro cultural, para o que conta coa colaboración da Excma. Deputación provincial da Coruña, por medio do Programa Visións, da Rede Cultural, e agardan que sexa do agrado do público. A entrada é de balde, pero o aforo é limitado, 160 butacas.
  • Día e hora: sábado 11 de novembro ás 21:30 h.
  • Local: Auditorio do Centro Cultural de Muros
  • Actividade: Cine: “Encallados”
  • Programa VISIÓNS da Excma. Deputación provincial da Coruña.
Comentarios