Sábado. 18.05.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

A cultura ceense en vivo

08/ago./2019 a 08/ago./2019
21:30 h a 21:00 h
Casa da Cultura
Unha das actuacions dos grupos locais de Cee-Foto_Rafa Quintans
A cultura ceense en vivo

Como previa ás Festas da Xunqueira, o programa de Verán Cultural do Concello de Cee mantén o pulso ben activo.

 

Esta semana, do luns 5 ó xoves 8: A cultura ceense en vivo son os grupos da casa os que actúan no Auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura

 

Luns 5. Praza da Constitución, desde as 21.30 horas 

De palabras e imaxes, micro-festival con presentación de libros a cargo de Laura Suárez (ilustradora),e Suso Bahamonde (poeta). As 22.00 horas, recital poético e a continuación actuación do grupo Inversos. Remataremos cunha proxección sobre a fachada do Museo Fernando Blanco.

 

Martes 6. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Grupo de gaitas Airiños  de Brens, Asoc. Cultural Terra de Sena de Cee e  Asoc. Cultural Petaforte de Pereiriña.

 

Mércores 7. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

Actuacións de: Coral do Centro Social, Grupo de gaitas da S.D.C.R. Cultural Fumes do Cal de Ameixenda e grupo de gaitas e baile da A.R.C.E.Pedras Miúdas de Lires.

 

Xoves 8. Auditorio Baldomero Cores, 21.00 horas

 Actuacións de: grupo de pandereteiras Ruidheira da AA.VV. As Caldeiras de Gures, Escola de Danza Breogan da S.D.C. de Brens  Grupo de gaitas e pandereteiras das AA.VV. de Toba grupo Mestura Folk de Brens.

 

Comentarios