Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Comezan os sábados culturais de Vimianzo coa obra Raigame

05/out./2019
20:00 h
Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
sabados culturais outono vimianzo auditorio da casa da cultura
Comezan os sábados culturais de Vimianzo coa obra Raigame

O sábado 5 de outubro achegarase a Vimianzo a agrupación folclórica Ximiela co espectáculo Raigame, que é unha viaxe o longo de 14 actuacións nas que tratan de mergullar ao público nunha historia contada de primeira man. Recollen o sufrimento dos máis de un millón de galegos e galegas, e todas as súas familias, que sufriron, e sofren, a soidade da emigración.

Esta actuación pertence á programación dos sábados culturais de outono en Vimianzo. As actuacións celebraranse ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura e están destinadas a público adulto.

Estará á venda un bono para os 7 espectáculos por 24€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo de entrada é de 5 euros (reducida 2.50€). Os espectáculos Raigame e Desconexión teñen prezo entrada de 3,50€  reducida 2€) . A billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo.

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do auditorio,Outono Rebuldeiro, as tardes de domingo.