Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

A compañía Chévere representa unha obra sobre violencia de xénero en Vimianzo

23/nov./2019
20:00 h
Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
sabados culturais outono vimianzo auditorio da casa da cultura
A compañía Chévere representa unha obra sobre violencia de xénero en Vimianzo

O día 23 a coñecida compañía Chévere, con 25 anos de traxectoria artística, achéganos a Vimianzo un proxecto de teatro documental e autobiográfico que fala de como se trata o feito de dar a luz, de como asumimos a violencia contra as mulleres dentro dunha sala de partos. Fala de violencia de xénero en lugares insospeitados.

Esta actuación pertence á programación dos sábados culturais de outono en Vimianzo. As actuacións celebraranse ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura e están destinadas a público adulto.

Estará á venda un bono para os 7 espectáculos por 24€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo de entrada é de 5 euros (reducida 2.50€). Os espectáculos Raigame e Desconexión teñen prezo entrada de 3,50€  reducida 2€) . A billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo.

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do auditorio,Outono Rebuldeiro, as tardes de domingo.

Comentarios