Xoves. 18.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Concerto folk de De Ninghures en Carballo

31/maio/2019
21:00 h
Casino 1889
Concerto de De Ninghures en Carballo
Concerto folk de De Ninghures en Carballo

O Casino1889 acolle este venres 31 de maio o concerto do grupo folk “ De Ninghures ” a partir das 21h. “De Ninghures” é unha agrupación de música tradicional, conformada por xente nova e comprometida coa música, o baile e a lingua galega. Son Marta Álvarez, Eva Bolón, Ana Fariña, Manuel Fernández, Hadrián García, Aldara Palmeiro, Alberto Liñares, Manuel Lucas, Adrián Méndez e Tomé Mouriño, mozas e mozos de Bergantiños, A Fonsagrada e Compostela.
Beben da música tradicional, con ritmos de maneos, xotas e muiñeiras que elas mesmas van arranxando. Ademais, acaban de gañar o V concurso "Novos valores" do Festigal 2019, proclamado mellor festival galego nos Premios Martín Códax, e veñen con moitas ganas a tocar na que tamén é a súa casa.
O prezo da entrada é de 3€ e pode adquirirse en taquilla ou por medio de transferencia/ingreso na conta ES90 2080 3118 1430 4000 6165, indicando en concepto: Nome e Apelidos + De Ninghures.

Ambigú 

O sábado 1 de xuño celebrarán, a partir das 12 da mañá, a inauguración do Ambigú do Casino. 

 

Comentarios