sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Concerto de Manolo Couto en Cee

23/xan./2016 a 23/xan./2016
20:00 h a 20:00 h
Concerto de Manolo Couto en Cee
manolo couto Este vindeiro sábado 23 de xaneiro a partir das 20.00 horas, o auditorio da Casa de Cultura acolle a presentación do 4º disco do cantautor de Arteixo, Manolo Couto titulado "Tesoros ocultos". Manolo Couto leva corenta anos no mundo da música, primeiro cantando en diversas orquestras galegas, como orquestra Mallo, orquesta X, grupo Treboada e Los Titanes. Máis tarde, como solista e compositor gravou numerosas cancións mesturando os éxitos de sempre con outras que falan de temas da actualidade. Agora, neste cuarto traballo discográfico segue fiel ó seu estilo buscando que o público desfrute e baile coa súa música. Para Manolo, a canción española, a copla, as rumbas, os pasodobles, corridos rancheros e as cumbias no teñen segredos, aínda que formen parte de trece “Tesoros ocultos” – cancións en galego e castelán-- que el descubre neste último traballo con arranxos musicais de Tito Barbeito.
Comentarios