domingo. 10.08.2025
El tiempo

A aldea máxica de Riobó volveu viaxar ao Medievo

TARDE NOITE NO MEDIEVO Riobo-Boda cabalos
A aldea máxica de Riobó volveu viaxar ao Medievo

Un ano máis, centos de asistentes reuníronse na pequena e máxica aldea de Riobó (en Cabana) para festexar o décimo sexto aniversario da Tarde-Noite no Medievo, un evento no que dúas parellas selaron o seu compromiso de maneira oficiosa, aínda que non oficial.

TARDE NOITE NO MEDIEVO Riobo-boda 2

A xornada deu comezo coa tradicional camiñada ata a Torre da Penela, acompañada pola música dos Repichocos, para gozar no monumento dunha escenificación a cargo de Tristán Contastorias coa compañía Fantoches Baj.

Pola tarde, desenvolvéronse diversas actividades, como o espectáculo do mago Yago Espasandín, postos de artesanía e moita música a cargo de O Son do Castro, Son de Cabana, Os Farrapos, Os Enxebres de Cabana e Maruxía.

O pregón, a cargo de Os Quinquilláns, Lucho Penabade e Tero Rodríguez, foi a antesala das prevodas medievais nas que este ano participaron dúas parellas. A continuación, celebrouse o convite á pitanza do santo coa actuación de Cé Orquestra Pantasma, e o fin de festa estivo marcado pola música de Alana e de A Quinkillada.

TARDE NOITE NO MEDIEVO Riobo-Boda

TARDE NOITE NO MEDIEVO Riobo-publico

TARDE NOITE NO MEDIEVO Riobo-public

TARDE NOITE NO MEDIEVO Riobo-publ

Máis novas

 

Comentarios