Sábado. 18.05.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Concerto de Fito Mansilla en Carballo

18/maio/2019
21:00 h
Casino 1889
Concerto de Fito Mansilla en Carballo
Concerto de Fito Mansilla en Carballo

Este xoves 23 de maio, a partir das 21h, o Casino 1889 de Carballo acolle un concerto de Fito Mansilla, presentando un novo traballo, que leva por título “La memoria incendiaria” e que é o primeiro editado baixo licenza dunha discográfica multinacional, a Warner. Trátase do terceiro disco longo en quince anos de
carreira, producido por Borja Montenegro e con colaboracións de Rebeca Jiménez, Jorge Marazu e Marwan.
As entradas terán o custe de 7€ para o público xeral e de 5€ para as persoas socias e poderán adquirirse en taquilla o mesmo día do concerto.

Ademais, o sábado 25 de Maio, a partir das 12:30 do mediodía, o Casino1889 celebrará, por primeira vez, o Dia da Toalha, tamén coñecida como Dia do Orgulho Lusista e Reintegrata, unha celebración de carácter puramente lúdico que pretende reforzar os vínculos entre a Galiza e Portugal e que contará cun padriño de luxo, Suso Sanmartim, precisamente un dos responsables da creación do evento, en Compostela. Depois dun breve acto en que o padriño explicará as orixes e o significado desta celebración, daremos comezo á festa, de entrada libre, mais que ten, como única condición, que todos os asistentes leven a súa toalla.

Comentarios