Venres. 29.03.2024
El tiempo

Evento

Concerto no Semáforo

09/dec./2017 a 09/dec./2017
8:00 h a 6:00 h
Semáforo
Concerto no Semáforo
Programa CUltural de Outono dos Rapacollons en Fisterra

Moito máis alá dunha afección de fútbol. A ACD Rapacollóns Big Band segue a demostrar que o seu movemento vai máis alá do Ara Solis, e chega a todas as partes da vila do Cristo. Fisterra réndese á súa festa, aos seus tambores, aos seus disfraces verdes… pero agora tamén se rende ante a súa proposta cultural. Unha acción fantástica esta dos Bebeto e compañía, de aproveitar o tirar futboleiro para fomentar o mundo cultural.

A asociación prepara un completísimo programa cultural para este Outono. Teatro, foliada, concertos e obradoiros serán os protagonistas deste programa que tamén para aumentar a masa de socios da entidade.

O programa arrinca o sábado 11 de novembro cando o Salón de Plenos do Concello acolla (por 2€, de balde para socios) a obra do Colectivo Ollomao “Oé, oé, oé”.

O sábado 25 de novembro, “8mm Teatro” traen un curioso espectáculo de improvisación á Cantina.

Xa o sábado 2 de decembro toca foliada no Restaurante Os Tres Golpes, aberta a todo o mundo cos grupos fisterráns “Crus de Baixar” e “Os rapases da Posa Choca” como “residentes”.

O sábado 9 de decembro haberá concerto de música tradición no Semáforo, cos costeiros “Nin chicha nin patacón”.

E para pechar, que mellor que facelo con xente da casa, coa obra do “Taller de Iniciación ao teatro municipal” que imparte Marta Lado. A cita, o domingo 17 de decembro.

Fonte

Comentarios