domingo. 18.05.2025
El tiempo

5 longas horas de rescate en Camelle

Rescate en Camelle GES Ponteceso
5 longas horas de rescate en Camelle

Tarde axitada por Camelle. Unha muller francesa lesionábase o nocello andando entre os coídos de Camelle e Mordomo, e fixeron falta 5 horas de rescate para enviala ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Un veciño de Camelle alertaba ao 112, e acodiron 2 Técnicos de Emerxencia Sanitaria, 2 voluntarios de Portección Civil de Laxe e 2 bombeiros do GES de Ponteceso. A pesar de que pediran o helicóptero de salvamento, non foi enviado polo que tiveron que carrexar durante case 3 horas á señora nunha padiola, apoiados ademais por 2 voluntarios de PC máis, un veciño de Traba nun quad e 3 bombeiros de Carballo.

Ao final, conseguiron chegar a ambulancia e trasladala ao Hospital Virxe da Xunqueira.

Comentarios