Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Concerto normalizador de MJ Pérez en POnteceso

06/abr./2019
22:00 h
MJ Perez xa estivo no Curruncho Pop de Carballo
Concerto normalizador de MJ Pérez en POnteceso

Estender o uso da nosa lingua entre a mocidade, máis alá do ámbito educativo e familiar, e promover a música en galego son os principais obxectivos da nova actividade organizada polo Servizo de Normalización Lingüística. E para logralo, o departamento que dirixe Carlos Penedo Casmartiño contará cunha das voces máis actuais do panorama musical galego: a cantautora MJ Pérez, que ofrecerá un concerto de balde no Edificio das Escolas de Ponteceso o próximo sábado 6, a partir das 22:00 horas.

Ademais dun extenso repaso pola súa discografía, na que figuran títulos tan coñecidos como “Ollos que non ven, síntoma de cegueira”, “Guerrilleira” e “Casandra”, os/as asistentes poderán desfrutar en directo do seu último traballo “Malaxente”, unha fusión entre o famoso tema “Malamente” da artista catalá Rosalía e o recoñecidísimo poema “Castellanos de Castilla” de Rosalía de Castro, creado para homenaxear á escritora galega con motivo do seu 182º aniversario e co que logrou acumular preto de 40 reproducións na súa páxina de facebook en menos de 24 horas. 

MJ Pérez conta xa con tres discos auto-producidos nos que mestura diferentes estilos musicais, con claro predominio do rock-pop, e a colaboración especial de artistas tan coñecidos como Paco Cerdeira, Richi Casás, Ailén ou o zanfonista de Vilalba Martiño Cabarcos. No seu palmarés musical destacan premios tan prestixiosos como o Xuventude Crea en 2017; os MIN da música independente en 2018, nos que quedou semifinalista, ou os aRitmar Galicia y Portugal, onde logrou o primeiro posto ao igual que no Certame de Canción de Autor en Galego. Así mesmo, a súa voz, chea de personalidade, ten soado en máis dun centenar de concertos por toda Galicia, incluído o famoso Noroeste Pop Rock. E, en pouco máis dunha semana, farao aquí, en Ponteceso.

Comentarios