Venres. 19.04.2024
El tiempo

Evento

Conferencia en Laxe

16/dec./2017 a 16/dec./2017
7:00 h a 6:00 h
Museo do Mar
Conferencia en Laxe
Conferencia sobre os muíños de mares e de vento a cargo da Doutora Begoña Bas

Conferencia sobre os muíños de mares e de vento a cargo da Doutora Begoña Bas

Será o sábado 16 de decembro ás 19.00 horas no Museo do Mar de Laxe.

O sábado 16 de decembro ás 19.00 horas no Muso do Mar, Begoña Bas López, Doutora en Xeografía e Experta en Arquitectura Popular Galega, impartirá unha conferencia titulada “Muíños de Marés e de Vento en Galicia: o caso do Muíño do Vento de Laxe”.

Begoña Bas é ademáis profesora na UDC e etnógrafa. Ten colaborado en revistas coma Verba, Gallaecia e Brigantium. E recibiu varios premios entre os que cabe destacar o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978), o Premio Domingo Fernández del Riego (1984) e o Premio da Crítica Galicia (1992).

A súa traxectoria literaria tamén é ampla. Nela destacan as seguintes obras:

  • Itinerarios dos hórreos en Galicia. Contribución ao estudo do hábitat rural galego, 1978.
  • Construcións populares galegas, 1980.
  • As construcións populares. Un tema de etnografía en Galicia, 1983.
  • Os petos de ánimas en Ourense, 1985.
  • Camiños, pasos e pontes, 1989.
  • Muíños de marés e de vento en Galicia, 1991.
  • Os muíños, 2000.
Innumerables artigos en revistas especializadas, e múltiples colaboracións en obras colectivas, culminan a súa brillante traxectoria académica e profesional. Coñecendo o currículo e os coñecementos de Begoña, é obrigado recomendar a asistencia a este acto co que, ademáis, se pecha a programación do proxecto relaxese para este ano 2017. O público asistente a esta conferencia poderá ampliar coñecementos e curiosidades sobre os aspectos arquitectónicos e históricos dos muíños tradicionais de mares e vento. Así mesmo, Begoña Bas, fará unha especial mención ó noso Muíño do Vento de Laxe.
Comentarios