mércores. 06.05.2026
El tiempo

O Quinteiro únese a Limpocean e Surf and Clean para limpar as praias das Torradas e O Riás

Cartel-LIMPEZA-MAREIRA-2026
O Quinteiro únese a Limpocean e Surf and Clean para limpar as praias das Torradas e O Riás

Abre o abano de actividades a familia do Quinteiro e suma o seu potencial social á loita contra a contaminación mariña. Para iso, invita a todos os seus socios e veciños da comarca a unirse este sábado 16 de maio a unha limpeza das praias das Torradas e O Riás para loitar contra a crecente problemática de plásticos e residuos que danan o noso litoral.

Nesta xornada contan coa colaboración especial de Limpocean e Surf and Clean, que compañarán para sumar forzas e coñecemento nesta causa.

A quedada será ás 10:30 h no aparcamento da praia de As Torradas, e non fai falta inscribirse.

Máis novas

Comentarios