Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Evento

Conferencia nas Torres do Allo

28/out./2017 a 28/out./2017
5:00 h a 6:00 h
Torres do Allo
Conferencia nas Torres do Allo
Despois dun intenso verán cun incremento de visitantes e cun completo programa cultural, o concello de Zas – a través da súa concellería de Cultura – vén de dar a coñecer as novas citas que terán lugar ao longo do vindeiro mes de outubro no pazo das Torres do Allo. Trátase dun ciclo de monografías no que distintos expertos abordarán disciplinas que están e estiveron vinculadas ó pazo, e que as fan realmente atractivas para coñecer o valor inmaterial que atesouran as Torres do Allo. “Monografías do Allo” desenvolverase todos ós sábados de outubro ás 17 horas no propio pazo e a asistencia é de balde, ao igual que as demais actividades que se realizan en dito monumento. “Monografías do Allo” remata o sábado 28 de outubro coa intervención de Xosé María Lema Suárez. A cita será ás 17h. onde Catedrático de Xeografía e Historia, doutor en Historia da Arte e presidente do Seminario de Estudos da Costa da Morte (SEMESCOM) traeranos a súa conferencia “Notas sobre os pazos e casas fidalgas da Costa da Morte” coñeceremos o valor e singularidade das xoias patrimoniais da comarca. Os asistentes terán a posibilidade ó finalizar a conferencia de asistir a unha visita guiada pola contorna do pazo e entender o papel que xoga cada un dos elementos naturais, etnográficos e relixiosos que a compoñen. A maiores, e como é habitual, durante toda a fin de semana teredes moitas e diferentes opcións para de forma lúdica e distendida acercarvos ó pazo do Allo, tal e como vos indicamos na nota de prensa.  

Máis información

Comentarios