![contacontos cee]()
O Servizo de Normalización Lingüística do concello de Cee organiza a representación do contacontos "Contos vellos para rapaces novos", adaptación da obra de Xosé Neira Vilas, actividade realizada ao abeiro do programa Culturea, da Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Esta é unha actividade orientada para un público de 5 a 10 anos. En caso de que o tempo non permita realizar a actividade na praza, esta terá lugar no auditorio Baldomero Cores.