Martes. 23.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Contraproducións Teatro en Muros

23/mar./2019
21:30 h
Centro Cultural
A companeira de Piso de Contraproducions
Contraproducións Teatro en Muros

O espectáculo "A compañeira de piso", de Contraproducións, chega ao Centro Cultural de Muros este sábado 23 ás 21:30h

Combinando sutileza e comicidade a partes iguais, "A compañeira de piso" trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.

Dende o seu paso polo Humana Festival (Louisville, Kentucky) en 2015, a obra A compañeira de piso, de Jen Silverman, leva sendo representada con éxito por varias compañías nos Estados Unidos ata o día de hoxe. Contraproducións presenta a primeira adaptación fóra dos escenarios norteamericanos en co-produción co Centro Dramático Galego.

Sharon, (a popularísima Patricia Vázquez), unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa. Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn (Rebeca Montero) para ocupar o cuarto, deixa a Sharon de pedra, xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida. Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

É o último traballo que estreou a compañía de Cándido Pazó e Belén Pichel, que tamén dirixen este espectáculo, estreado o pasado 28 de febreiro en Santiago; e que o equipo de goberno de Muros quixo que visitara a nosa localidade neste mes de marzo, para poñer o broche das actividades programadas con motivo do día da muller, agardando que sexa do agrado do público.¡

As entradas, con un prezo de 3,50 €, xa están a venda nas oficinas do centro cultural. 

O espectáculo está incluído na Rede Galega de teatros e auditorios.

 

Comentarios