Evento
Exposición en Zas
24/feb./2017 a 12/mar./2017
2:00 h a 6:00 h
Centro Cultural
15:14 24/02/17
O centro sociocultural de Zas acolle dende hoxe e ata o vindeiro 12 de marzo a exposición “Fotoxornalismo Coruña 2015” grazas ao patricinio da Deputación da Coruña.
A mostra recolle o traballo dos e das profesionais que traballan en distintos xornais, revistas, axencias e gabinetes de comunicación da cidade herculina. Está composta por 23 instantáneas que amosan o extraordinario nivel das imaxes.
A exposición pode visitarse de luns a venres, de 10 a 14 horas. A entrada é de balde.