Evento
Festas de Santa Irene
05/maio/2017 a 07/maio/2017
2:00 h a 6:00 h
12:36 02/05/17
En Santa Irene, Vimianzo, haberá 3 días de festa este mes de maio. O venres 5 arrinca a cousa coa Festa do Pulpo e a verbena coa Ciclón. Para o sábado a Alaska amenizará a verbena sendo La Década Prodigiosa a gran atracción da noite. E xa o domingo 7 de maio, o Dúo Elite e o tradicional baile co grupo Foliada de Salto convertirá a sesión vermú nunha cita ineludible.