Evento
Premios Fouciño de Baio
08/xul./2017 a 08/xul./2017
12:00 h a 11:55 h
16:52 05/07/17
O certame dos Premios Fouciño vive o seu día grande cunha gran cantidade de actividades que arrancan xa ás 12 horas cunha charla/mesa redonda sobre a importancia da creación audiovisual como linguaxe transmisora e universalizadora de experiencias moi locais. Previamente exhibiranse algúns traballos dos participantes; Carmen Rey de Numenius (Mazaricos), Miki Martínez, realizador de Baio (autor da primeira longa da Costa da Morte Fouciño Sanghento), Pedro Boquete realizador e guionista da webserie Peter Brandon. Modera Lucía Regueiro actriz e madriña do evento e Mabel Montes, xornalista, membro da organización dos Premios Fouciño.
As curtas presentadas tanto as de categoría libre como as de escolares - que foron un total de 30 - exhibiranse en locais comerciais do centro de Baio. A entrega de premios e a clausura do festival será na praza do parque infanil de Baio a partir das 22 horas onde actuarán Oîma, Regueifas a cargo do alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio, o Leo i Arremecághona, Atrás Tigre, Mounoulious Dop (Noia) presentando o seu novo disco LP Padre e o peche de festa virá da man dos baises The Fakes (Baio).
Novas relacionadas
- 05-07-17: Trinta curtas participan no concurso dos Premios Fouciño que reparte 800€ en premios
- 27-06-17: Lucía Regueiro amadriña os Premios Fouciño de Baio
- 25-06-17: “Cos Premios Fouciño queremos premiar a creatividade audiovisual da veciñanza”
- 20-06-17: Unha nova falsa sobre o descubrimento dunha anticitera serve de base para unha curta dos Premios Fouciño
- 19-06-17: Atopan en Laxe unha anticitera do século II a.C.
- Volven os Premios Fouciño de Baio
- Os Premios Fouciño convertiron a Baio na capital audiovisual da Costa da Morte
- Un fouciño audiovisual para loitar contra o illamento cultural da Costa da Morte:
- Curtas, charlas e un concerto protagonizan os Premios Fouciño de Baio.
- Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- Adro crea os ‘Premios Fouciño do audiovisual’.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Asociación Cultural Adro