Evento
Presentación dun libro en Corme
21/xul./2017 a 21/xul./2017
8:30 h a 6:00 h
11:27 20/07/17
Este venres, preséntase en Corme o libro "Barcos de cabotaje del corazón de la Costa da morte"
Mañá ás 20:30 na Ribeira de Corme, Ramón García Filgueira presentará o seu libro "Barcos de cabotaje del corazón de la Costa da Morte".
O libro, publicado pola editorial pontecesá Plan B Editora, recolle os barcos que durante os séculos XIX e XX foron propiedade dalgunha persoa desta zona.
O porto que congrega un maior número de embarcacións é o de Corme, pois tradicionalmente os armadores cormeláns fletaban este tipo de embarcacións, en moitos casos con destino a portos vascos pero tampouco era raro que chegaran até portos mediterraneos ou estranxeiros.
Nas, case 200, páxinas do libro recóllese a historia de máis de 175 barcos, acompañada, na maioría dos casos de fotografías inéditas.
É unha obra de referencia para todas as persoas interesadas na historia da navegación e na propia historia das vilas portuarias que desenvolveron comercio marítimo durante os séculos XIX e XX.
Distribución: Na propia editorial ou a través de Arnoia, distribución de libros e papelaría