Evento
Presentación literaria en Fisterra
29/set./2018 a 29/set./2018
7:00 h a 9:00 h
Fisterra
17:45 25/09/18
A biblioteca municipal Casa do Arco - situada na praza da Cerca de Fisterra - acolle este sábado ás 19:00 horas a presentación do libro "Águias sobre Berxidum" de Fernando Cerezales.
No acto de presentación intervirán Teresa Fernández Martínez, concelleira de Cultura; Clorio González Pérez, da editorial Toxosoutos e o propio autor do libro.