Evento
Recital aberto a Rosalía en Ponteceso
25/feb./2017 a 25/feb./2017
6:00 h a 6:00 h
Biblioteca
10:17 22/02/17
O vindeiro sábado 25 ás 18:00h, a Área da Biblioteca do Concello de Ponteceso, organiza por segundo ano unha homenaxe a Rosalía de Castro, a nosa escritora máis ilustre. Co gallo da conmemoración da súa data de nacemento, farán unha homenaxe a través dun recital aberto no que poderán participar todas as veciñas e veciños que o desexen. Ademais, como novidade este ano a homenaxe estará conducida por Aldaolado.