Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Nun cuarto da Rotonda, a primeira montaxe de Acusmaser Opus, represéntase en Vimianzo

02/nov./2019
20:00 h
Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo
sabados culturais outono vimianzo auditorio da casa da cultura
Nun cuarto da Rotonda, a primeira montaxe de Acusmaser Opus, represéntase en Vimianzo

As representacións de novembro estrearanse o día 2 con Nun cuarto da Rotonda, a primeira montaxe de Acusmaser Opus. A obra conta coa participación de Federico Pérez, Evaristo Calvo e Santi Romay que manifestan a confusión propia de quen dá voltas nunha rotonda e non sabe qué camiño elixir; o camiño que vai ou o camiño.

Esta actuación pertence á programación dos sábados culturais de outono en Vimianzo. As actuacións celebraranse ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura e están destinadas a público adulto.

Estará á venda un bono para os 7 espectáculos por 24€ e haberá descontos para maiores de 65 anos e para estudantes acreditados. O prezo de entrada é de 5 euros (reducida 2.50€). Os espectáculos Raigame e Desconexión teñen prezo entrada de 3,50€  reducida 2€) . A billeteira abre unha hora antes do inicio do espectáculo.

O público infantil e familiar tamén ten o seu oco na programación do auditorio,Outono Rebuldeiro, as tardes de domingo.

Comentarios