Domingo. 28.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Obradoiro e teatro para celebrar o Día de Rosalía en Santa Comba

23/feb./2019 a 23/feb./2019
18:05 h
Santa Comba
2019-02-21 (1)
Obradoiro e teatro para celebrar o Día de Rosalía en Santa Comba

Con motivo da celebración do Día de Rosalía, o Concello de Santa Comba programa para este sábado o obradoiro 'Deseña a túa camisola con Rosalía', que estará impartido por Fabaloba. Será na Casa da Cultura a partires das 18.00 horas.

Xa pola noite, o Auditorio do Edificio Multiusos acolle a representación da peza "En todas as casas se cocen fabas..", intepretada polo Grupo de Teatro 'Trangalleiro' de Brión.

Comentarios