O pavillón de Fisterra acolleu a festa do futbito
12:52 28/04/24
Acollía o Pavillón de Fisterra este sábado 27 de abril o Campionato comarcal da categorúa prebenxamín das Ligas comarcais de FS. Unha festa das familias e dos pequenos cativos que disfrutaron dunha tarde de deporte.
Xogaban os 4 clasificados da fase regular, que se disputou toda esta temporada en formato de concentracións (as categorías Bexamín e Alevín xogan formato ligueiro).
Arrincaban as semis co Vila de Cee vencendo a EF Fisterra por 0-4, mentres que na outra, o EMF Vimianzo goleaba ao Cabana por 1-9.
Os fisterráns quedaron de 3º tras vencer 7-3 ao Cabana, e foi o EMF Vimianzo o que se alzou co título tras vencer 2-9 ao Vila de Cee.
O campión xogará a fase Provincial na zona de Ferrol o sábado 8 de xuño.
AS TÁBOAS EN WWW.FUTBOLDACOSTA.COM