Mércores. 09.10.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Dalle un Bocado ao FIOT 2019 (IV)

25/out./2019 a 27/out./2019
09:00 h a 23:59 h
Bocado FIOT 2019
Dalle un Bocado ao FIOT 2019 (IV)
O Concello de Carballo presentou a ruta gastronómica “Dálle un bocado ao FIOT”, dándolle outro aire ao Festival de teatro máis completo de Galicia. Unha ruta de 13 establecimentos, que ofrecerán almorzos, tapas ou ceas exclusivas durante as fines de semana de outubro, para completar a oferta turística cultural coa parte gastronómica.
“Xa que temos un dos festivais máis prestixiosos do Estado, dende a Concellaría de Promoción Económica consideramos importante implicar á hostalaría para que o FIOT sexa beneficioso para a economía local tamén a través do sector hostaleiro”, comentou o concelleiro Xosé Regueira na presentación da iniciativa.

Información práctica

A ruta celebrarase todos os venres, sábados e domingos de outubro en varias etapas:

  • Almorzos, de 09.00 a 12.00: Os locais que ofrecerán almorzos especiais a 3 euros serán Valle- Inclán Café e Ummm! Xeados, en horario .
  • Tapas: de 20.00 a 23.00 horas poderemos degustar tapas moi teatrais, a 2 euros, en Taberna O Mexillón, Oito Bar, Cafetería Pazo da Cultura, Vinoteca Ánfora, Restaurante A Esmorga, A Tapería e A Barra Bar.
  • Ceas: e este ano, ademais, haberá ceas de 22.00 a 24.00 horas en distintos restaurantes: Pementa Rosa (días 12 e 25), Río Sil (días 4 e 18), Oasis (días 13, 19 e 27), A Esmorga (días 5, 11 e 26) e Vesuvio (días 6 e 20). O prezo de cada menú será diferente e en todos os casos será preciso reservar previamente.
Dálle un bocado ao FIOT tamén inclúe animación teatral polos establecementos participantes a cargo da compañía Galeatro, e, como xa é habitual, sortearemos una experiencia FIOT consistente en entradas para unha función do ano 2020 con cea, aloxamento e almorzo, todo para dúas persoas. Hoxe realizamos o sorteo correspondente ao ano pasado e a afortunada por María Luísa López Losada. Parabéns!

Novas relacionadas

Comentarios