![Desfile de Moda do Samain]()
O Concello de Camariñas recibe con actividades para todos os públicos esta longa fin de semana.
A moda de outono-inverno será a protagonista o domingo cun desfile organizado xunto coa Asociación de Empresarios e de Promoción Turística e no que participan seis tendas da vila do encaixe. Roupa, calzado, complementos e xoiería nunha pasarela, que se o tempo o permite, estará na Praza do Concello a partires das 4 da tarde. Azul mar, azul ceo, gris neutro, amarelo mostaza, verde prado o púrpura serán algunhas das cores tendencia desta tempada que poderemos ver sobre esta pasarela en moda para nenos, xovenes ou maiores.
A outra actividade programada para esta finde semana é para aqueles que non teñen medo a nada. De novo o Samaín traenos o Tunel do Terror á Casa de Pedra. Aqueles nenos e nenas dispostos a levarse un bo susto poden achegarse á Biblioteca Municipal a recoller o pase para o día correspondente.
O luns é tempo para os mais grandiños no Tunel do Terror. Con pases cada 20 minutos dende as catro e ata as oito menos vinte, os menores de 12 anos deben vir acompañados dun adulto. A partires das oito, a Santa Compaña percorrerá as rúas da vila. O martes o Tunel do Terror está pensado para menores de 7 anos. Dende o Concello animan a vir disfrazados aos nenos e nenas que participen en calquera das actividades de Samaín.