Xoves. 19.09.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Desgutación con arte en Stoupa

20/xul/2019
20:30 h
Desgutación con arte en Stoupa

A galería ceense Stoupa segue sendo o gran punto de encontro da arte, artesanía e a innovación da Costa da Morte. Segue tecendo fíos entre oficios moi diferentes que atopan puntos en común e nútrense mutuamente, como fixeron desta volta Ar e Arte e Fernando Rei. E como poderemos comprobar este sábado 20 de xullo ás 20.30h nun evento moi especial e innovador: a presentación de Ar de Arte, que é unha aposta polo emprendemento coa selección da mellor conserva artesá desta terra e a fusión coa expresión artística de Fernando Rei.

Ar e arte, ademais de coidar o sabor intenso do mar nos procesos de elaboración artesanal das súas conservas, engádelle un envoltorio con moita arte. E foi precisamente en Stoupa onde a xente de Ar e Arte coñeceron a Fernando Rei, e onde se inspiraron tamén, coas historias do libro da caza de baleas, do nome da cervexa artesá: Chimán.

Todos estes produtos (un paquete regalo de conservas de mexillóns ilustrado por Celsius Pictor, a cervexa artesá “Chiman” con ilustracións de Ángeles de axóuxeres e chisqueiros, ou uns mexillóns e sardinillas Gourmet con pinturas de Fernando Rei) poderás degustalos este sábado ás 20:30h na galería ceense.

Estoupa esconde arte

Novas relacionadas

Comentarios