Sábado. 27.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Día da Árbore

23/mar./2019
11:00 h
Dia da Arbore Carballo
Día da Árbore

Carballo celebra o Día da Árbore cunha serie de actividades que, por unha banda, queren implicar aos máis pequenos para fomentar neles o respecto á natureza e a importancia de coidala e protexela, e, por outra, avanzar na repoboación con especies autóctonas dos espazos públicos, nos que temos plantado xa centos de árbores.

A primeira cita será mañá xoves ás 11.30. Coincidindo co Día da Árbore realizaremos un acto simbólico, coa colaboración da escola de Artes, o CRA Ponte da Pedra e o Pazo de Vilar de Francos, xunto ao carballo centenario, gravemente danado despois de tronzar o 3 de agosto do ano pasado. Os nenos e nenas estiveron a traballar nos últimos días para preparar a súa particular homenaxe á nosa árbore senlleira. Como premio a ese esforzo, ao remate do acto poderán gozar dunha merenda no Pazo.

Tamén mañá realizaremos unha plantación de árbores no campo da festa de Oza, dando así resposta a unha petición do consello parroquial.

Para o sábado temos programada unha nova cita coa infancia, neste caso nas instalacións do Horto Infantil Ecolóxico Municipal, situadas na rúa Nardos, ás 11.00 horas. Os nenos e nenas que participaron o ano pasado na xornada de apadriñamento e amadriñamento das landras recollidas no propio recinto poderán ver como evolucionan os pequenos carballos. As plantas foron inventariadas e quedaron ao coidado do Horto á espera de que alcancen o tamaño necesario para poder ser transplantadas. Este ano non poderá ser, pero os padriños e as madriñas recibirán un “título de propiedade” para cando chegue o momento.

 

Comentarios