![Dia do Peon de Brinquedia en Carnota 30N]()
Quedou atrás o San Martiño, e non puideron saltar os peóns ao camiño. O temporal se puxo en contra dos xogos tradicionais e obrigou a aprazar o #DíadoPeón que cada ano artella a
Rede Galega do Xogo Tradicional Brinqueda. A cita central da rede concéntranse este ano, na súa 14ª edición, en
Carnota, e se non puido ser o #9N, este 2018 o Día do Peón trasládase ao venres 30 de novembro.
Pero xa houbo quen quixo seguir botando unha lanza polos xogos tradicionais, como foi a ANPA Alén, do Colexio Praia de Quenxe de Corcubión, que non fallou á súa ineludible cita cos trompos e puxo á rapazada e aos pais e nais a bailar a peonza.
Seguro que moitos repiten o #30N en Carnota!
![Dia do Peon no CEIP Praia de Quenxe]()
Así celebrou a ANPA Alén o Día do Peón no CEIP Praia de Quenxe