Evento
Día do Ritmo
06/maio/2016 a 06/maio/2016
18:00 h a 18:00 h
12:41 03/05/16
O venres, 6 de maio, a partir das 18:00h celébrase no pavillón de Cabana de Bergantiños o XIV Día do Ritmo “Costa Bergantiñá”. Haberá unha primeiro pase de ximnasia rítmica, coa participación das escolas deportivas municipais de Cabana e Malpica de Bergantiños e despois tocaralle a quenda a patinaxe artística, coa participación das escolas deportivas municipais de Cabana, Laxe, Malpica e Ponteceso e da Agrupación Deportiva de Coristanco. Tamén se contará coa actuación especial da Escola de Danza de Ponteceso, un total de 296 participantes da zona de Bergantiños.