Evento
Encontro Literario en Ponteceso

Este venres, a Libraría A Tenda dos Libros (A Trabe-Ponteceso), acolle lugar un acto literario co poeta Villo Argumánez.
Argumánez é un namorado da poesía dende neno e empezou a publicar aos 17 anos en revistas culturais.
Participou en programas de radio e publicou o seu primeiro poemario no ano 1984 baixo o título de Binomio. Outros títulos seus son Poemas inacabados, Amalgama e Arritmia.
Os seus poemas falan de amor, dor, tempo e morte e de todo o que lle afecta ao ser humano, con un verso logrado que sabe conquistar e que xoga coas palabras. Ten unha capacidade prodixiosa e humorística para falar de literatura, de natureza, de neurociencia ou da propia vida e ten declarado que a palabra, namora, fai sufrir, provoca catarses e desintoxica, outorgándolle un poder devastador.
O encontro literario será na libraría A Tenda dos Libros a partir das 20,00 h.
A continuación no Pub A Eira, continuará o encontro literario nun ambiente máis distendido e ao abrigo da lareira.