Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Encontro Semente Voando

04/ago./2019
11:00 h
A Braña
Encontro Semente Voando en Lires
Encontro Semente Voando

A comunidade Sémente Voando (Ecoturismo Ría de Lires e Xabrón Natulóxico) está a organizar unha xornada gratuita, unha experiencia dinámica onde se poderá descubrir a nosa conexión coa natureza e desfrutar dela. Unha oportunidade para poder espertar os sentidos conscientemente.

O día comezará as 11 da mañá cunha sesión de Ioga o aire libre seguida dunha dinámica de escoita e movemento consciente na natureza. 
Ademáis, disfrutarase dun recital de piano, ofreceremos unha pequena degustación de produtos do noso mar, regados de viños galegos e amenizada polas gaitas da nosa aldea. 
 

  • *Recomendan roupa cómoda para as actividades e unha mellor simbiose ca natureza.
  • * As dinámicas son con prazas limitadas i é preciso reservar via whatsapp no 696 02 9810

O recital de piano estará a cargo de Aída Saco Beiroa (Rianxo). Inicia a súa formación a unha idade temprá e remata o grao Profesional de piano con máximas cualificacións co prestixioso pianista Josep María Colom, no Conservatori del Liceu (Barcelona). 
Perfecciona a súa técnica a través de clases maxistrais con recoñecidos mestres e pianistas coma Maurizio Moretti, Elena Orobio, Akiko Ebi, José Enrique Bagaría e Alexander Gold.
Aída é compositora para piano con obra publicada e presentada en numerosos auditorios, e ten feito colaboracións con distinguidos representantes do mundo cultural galego. 
En setembro de 2015 inicia o seu proxecto musical (Metamorfoses) que é publicado en marzo de 2017 como traballo discográfico.
Na actualidade está a preparar o seu próximo lanzamento discográfico no que contará coas colaboracións de Uxía Senlle e MJ Pérez.

Marián Araújo Marcote será a encargada de levar a cabo a dinámica de escoita e movemento ca natureza. 
De pais galegos, e afincada en Dublín dende hai 21 anos, Marián traballa como dramaterapeuta, actriz e pedagoga; está especializada en movemento consciente e en psicoterapia a través das artes creativas.
Ten dirixido proxectos de teatro, protagonizado varias longametraxes, e actuado en series da televisión irlandesa. 
Coma pedagoga foi directora do "Máster de Dramaterapia" na universidade irlandesa de Maynooth, e colabora regularmente con outras universidades de Dublín. Actualmente está inmersa no desenrolo da ecoterapia e a protección do medio ambiente a través da experiencia consciente da persoa en conexión coa natureza.
 

A sesión de Ioga será a cargo de Noelia López Ferreiro que comezou a súa andaina como alumna na escola de Purna Yoga na Coruña onde se formou como mestra con María Villalón. Asegura que o Ioga  lle cambiou a súa forma de ver a vida e de verse a sí mesma, desfrutándose coma nunca. O seu obxetivo é moi simple, que a xente desfrute das súas clases dunha forma dinámica, amigable, e libre.
 

Comentarios