Evento
Enterro da Sardiña de Camariñas 2020
29/feb./2020
17:00 h
Casa de Pedra

19:17 11/02/20
Completo programa de actividades para o Entroido no que a principal novidade está na celebración, por primeira vez, do Concurso de Comparsas na Ponte do Porto, ademais do tradicional de Camariñas.
Para poñer punto e final aos festexos do Entroido, o sábado 29 de febreiro organizarse o Enterro da Sardiña. Os actos comezarán ás 17 horas na Casa de Pedra cun Velatorio, ás 17:30 horas haberá unha Marcha Fúnebre coa batucada Malandros, e ás 18 horas, na praza do mercado, terá lugar o enterro e os asistentes poderán gozar dunha gran chocolatada.
Neste evento colaboran ‘As Choronas’ e a Asociación Cultural ‘A Caramuxa’.