Evento
Enterro da Sardiña de Carballo
05/mar./2019
21:00 h

13:41 27/02/19
O programa do entroido dura case máis dun mes en Carballo.
O Enterro da Sardiña é outra das actividades que máis público vai gañando cada ano. Celébrase o martes 5 de marzo, desde as 21.00 horas. Como en anteriores edicións estará coordinada pola Aula Municipal de Teatro, con que colaborarán Vagalume Animación, Cruz Vermella e a charanga Santa Compaña, que animará e acompañará a comitiva.