Evento
Entroido para as familias en Santa Comba
23/feb./2020
16:00 h
Recinto Feiral

12:23 18/02/20
Dúas citas importantes ten o Entroido en Santa Comba este 2020, no que as familias son as protagonistas. Durante a mañá do venres 21 de febreiro celébrase o “Entroido Miúdo”, cun desfile divertidísimo polas rúas con todos os colexios de Santa Comba e a Charanga Os Celtas.
A gran festa familiar celebrarase na tarde do domingo 23 no Recinto Feiral, cos concursos de disfraces, inchables, obradoiros, e o espectáculo de maxia do Mago Teto.