martes. 03.06.2025
El tiempo

Evento

ExpoRía Camariñas

19/ago./2016 a 21/ago./2016
00:00 h a 00:00 h
ExpoRía Camariñas
expoRia camarinas 2016 Este venres arranca en Camariñas a feira multisectorial bautizada baixo o nome de ExpoRía Camariñas que fará gala da vinculación da vila co mar. Para iso, instalaranse na zona do mercado e do paseo marítimos as carpas que acollerán – ata o domingo – a maior parte das actividades que se inclúen dentro do programa. Unha das carpas destinarase á mostra de productos relacionados co mar, na que haberá efectos navais e aparellos de pesca, conservas e outros elaborados de productos de mar a artesáns realizando en vivo redes e nasas. A outra das carpas acollerá un espazo destinado ao comercio local. “Camariñas, Mar de Riquezas” é o título que engloba as actividades que terán lugar na casa de Pedra, o outro dos escenario s do ExpoRía. O sábado e o domingo poderanse contemplar diversas exposicións, asistir a relatorios e á proxección de videos. A asociación Mar de Fábula e RotoqueRetro serán as comisiarias da exposición “Cos pés na Aarea” na que mostran as obras realizadas cos materiais obtidos da limpeza das praias. Ademais, encargaranse do relatorio no que se abordará a importancia de pertencer á Rede Natura. Programa lúdico Dentro de evento desta fin de semana, tamén se inclúen talleres para nenos e adultos organizados por Mar de Fábula e nos que se empregarán materiais como redes ou boias. Haberá tempo tamén para o teatro coa obra “Mans Salgadas” e a representación do traballo que fan as mulleres mariñeiras nunha teatraización titulada como “Sardiñas Escochadas”. As rúas estarán animadas con música e o tinteneo dos palillos xa que haberá a recreación de unha “palillada mariñeira”. “Quixemos que todos os sectores vinculados co mar estiveran presentes nesta primeira edicióin de ExpoRía Camariñas e, por iso, toda Camariñas ten aquí o seu sitio: industrias ou artesáns relacionados coa pesca, coas conservas, os conxelados, as mariscadoras,.. e tamén as palilleiras, o comercio ou a hostelería porque todos nos debemos ao mar directa ou indirectamente”, manifestou María José Gerpe – concelleira de Comercio e Turismo do concello de Camariñas. A cita complétase cunha apartado gastronómico con degustación de productos da ría; unha “ruta da tapa da Ría” e co primeiro campionato de pesca de calamar.
Comentarios