Evento
Exposición Aqua no Faro Vilán

Este mes de maio a sala de exposicións do Faro Vilán, acolle a a exposición de debuxo-pintura "Aqua". Trátase dunha recopilación de traballos realizados polos alumnos máis veteranos do espazo Lápices, que baixo unha temática acuática pretenden" salpicar" ao espectador coas súas diferentes texturas, pinceladas e paletas, tan persoais como únicas.
Lápices é un espazo aberto, dedicado á arte, á creación e á formación. Nace da iniciativa e da vocación da artista Nuria Ruibal de construír un punto de encontro, imaxinación e realización. Situado en Bertamiráns (a 10 minutos de Santiago), nel atopará un estudo profesional cun espazo flexible e un ambiente acogedor, onde gozar da aprendizaxe e o achegamento á arte nos diferentes talleres e actividades que se organizan, tanto para nenos como para adultos.