Venres. 23.08.2019
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Exposición de Josecho González no Estudo Garabato

04/mai/2019
21:00 h
Estudo Garabato de Carballo
Exposición de Josecho González no Estudo Garabato

Este sábado 4 de maio as 21:00h ten lugar a inauguración da exposición pictórica do artista carballés Josecho González que terá lugar na sala de exposicións do Estudo Garabato de Carballo este

"Pinceladas artísticas" é unha selección de traballos realizadas polo artista Carballés Josecho González con estética nórdica baixo a influencia da abstracción e da xeometría, que se manifesta a través dunhas formas que se definen pola composición minimalista e harmoniosa.

Cada cadro exprésase como obra en si mesma, e non como unha representación dun concepto externo, coa cor e o fondo como protagonista. Un exercicio de pureza visual. Reivindicando, así, as posibilidades da forma e da cor como medio pictórico e rendido culto a abstracción.

Comentarios