![Exposicion de Faros de Javier Toba no Faro Vilan]()
Dende a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas informan de que a partir do 02 e ata o 30 de setembro, poderán disfrutar na sala que xestiona a asociación no faro Vilán da exposición de pintura “50 FAROS DE GALICIA” de Javier Toba.
Nesta exposición o autor que conta cunha longa traxectoria como pintor e fotógrafo, móstranos as acuarelas que durante anos foi pintando de diferentes faros de galicia dos que dí: “vinos sempre como lugares máxicos e misteriosos, cheos de aventuras, como se fosen torres dun Castelo ou muínos de vento”.