Martes. 23.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Exposición de Xesús Búa en Muxía

20/dec./2019
20:00 h
Bela Muxía
Exposicion de Xesus Bua no Bela Fisterra
Exposición de Xesús Búa en Muxía

"Homes e Mulleres de Sal e Ferro" é a nova serie fotográfica de Xesús Búa, que se inaugura este venres 20 no Albergue Bela Muxía. Unha mostra que toma como eixo central a figura do percebeiro e a vida de quen se arrisca polo seu produto. Afastándose da perigosidade do oficio e da epicidade explícita dunha grande maioria de retratos destas persoas, a intención do fotógrafo é iniciar un diálogo máis íntimo e sensível. Unha sorte de conversa que humanice a estas heroínas do cotiá, amosando desde o seu sufrimento ate a súa ledicia, pasando pola súa forza e os seus sentimentos. 

Homes e Mulleres de Sale e Ferro continúa o traballo de A Miña Terra, onde con complicidade o artista mira, relacionase e captura o presente cambiante do seu entorno, como se de unha nostalxia futura se tratase. 

 

 

Comentarios