xoves. 05.06.2025
El tiempo

Evento

Feira Cabalar e Circo

17/set./2016 a 17/set./2016
10:00 h a 10:00 h
Feira Cabalar e Circo
feira cabalar e circo en mazaricos setembro 2016 Este sábado – 17 de setembro – a Picota será o escenario elixido para dous eventos que xuntarán a unha boa cantidade de veciños e veciñas de Mazaricos e da contorna. Por un lado, o recinto feiral acolle dende as 10 horas a Feira Cabalar na que non falatarán os concursos, as probas de andadura, unha carreira de burros e trotóns, entre outras actividades. Ademais, os diferentes establecementos hostaleiros ofrecerán un xantar específico para o evento. O outro dos eventos que terá lugar tamén o sábado, é a gala do Circo que se celebará a partir das 17 horas no campo da feira da Picota. Non faltará a música en directo, as acrobacias aéreas, a maxia ninn os malabares. A entrada é de gratuíta. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Mazaricos
Comentarios