O sábado 22 de abril, a partir das 18:00h, Santa Comba acolle a Feira de Abril en clave flamenca, coa actuación de Sandra Calderón e Flamenco Band e as bailarinas do Grupo Triana. Ademais haberá comida, xogos populares e festa rachada nos pubs da vila, que estarán engalanados para a ocasión.